RSS

A nosa comida favorita é...

Seguimos a falar coas nubes e mellorando a nosa expresión oral e dotes comunicativas. Neste caso quixemos contar cal é esa comida tan rica e especial que nos fai unha, ou varias persoas persoas moi especiais tamén.


Seguimos aceptando peticións, de que podemos falar na próxima entrega??

Reciclamos fora da escola!!

Despois de todo o que aprendimos sobre a reciclaxe chegou o momento de poñelo en práctica fóra do cole, e vaia se sabemos reciclar, non hai máis que mirar as fotos, somos todos uns expertos!!

Aniversario de Yago

Hoxe celebramos outro aniversario!! O de Yago. O pasamos fenomenal, comemos dúas tartas distintas, bailamos e cantamos un montón. Foi unha boa festa!!

A miña película favorita.

Nesta ocasión compartimos cos nosos compañeiros cal é a nosa serie o película favorita, e mira ti por onde, descubrimos que algúns compañeiros que teñen os mesmos gustos ca nós. Canto máis nos coñecemos imos vendo que aínda que somos distintos, somos moi parecidos.

Celebración do día do Libro.

Este venres tivemos a sorte de que os nenos de 4º A de primaria, os alumnos da profe Lali, viñeron a contarnos un conto durante o rato de lectura. Cada neno foi apadriñado por un maior e escoitou atentamente como lle contaba o conto, logo en agradecemento démoslles un marcapáxinas que fixeramos días antes na clase. Foi una actividade moi bonita.


Os nosos debuxos cobran vida.

Hoxe incorporamos unha nova ferramenta para empregar en clase, unha tableta android. Pouco a pouco iremos experimentando con apps que nos axuden a seguir aprendendo. A app que descubrimos hoxe foi Colarmix, unha aplicación que permite crear debuxos tridimensionais a partir de debuxos en papel que nos coloreamos, o resultado foi moi chulo, motívanos moito esta nova forma de colorear. Estamos desexando seguir empregando esta app.


Eu quero viaxar a...

Na segunda entrega do noso proxecto "Falando nas nubes" centrámonos en contar a que sitios gustaríanos viaxar ou que son especiais para nós. Nesta ocasións xa estamos un pouco máis soltos e falamos máis, coma sigamos nesta liña, xa non vai haber quen nos faga calar!! Aquí temos o noso segundo vídeo.