RSS
Mostrando entradas con la etiqueta Diario Bimba. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diario Bimba. Mostrar todas las entradas

Visitounos un veterinario!!

Xa levamos moitos días traballando o corpo humano, por iso cando no conto de Bimba que limos a semana pasada vimos que lle facían unha radiografía, nos demos de conta que Bimba tiña osos coma nós. Para coñecer máis sobro o corpo da nosa mascota e as similitudes co noso, invitamos á nosa clase a Víctor, o papá de Alexander, que é veterinario de urxencias. 

Contounos un montón de cousas interesantes sobre os cans e gatos, ensinounos un montón de radiografías onde puidemos ver os ósos que tamén temos no noso corpo e ensinounos un aparello cun nome moi raro, estetoscopio o fonendoscopio, que serve para escoitar o ruído que fan os nosos órganos vitais

Na mochila de Bimba mandamos dende hoxe o conto da radiografía de Bimba, para que o día que toca levar a casa, a parte de ollar o seu diario de viaxe, poidamos practicar a lectura lendo este bonito conto.


O diario de Bimba

Este é o pequeno diario que Bimba fixo para non esquecer nin un só dos momentos tan bonitos e divertidos que pasou nas viaxes que fixo ás casas de todos os nenos e nenas durante a primeira avaliación.


As viaxes de Bimba.

A nosa mascota Bimba e toda unha exploradora e encántalle ir cada día a descubrir o mundo acompañada dun neno ou nena da clase.
Para recordar cada sitio que visita imos facer un diario cunha foto e un pequeno texto do sitio visitado. 



Podedes enviar a foto e o texto ao correo da clase: clase5abalaidos@gmail.com