RSS
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto corpo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto corpo. Mostrar todas las entradas

Proxecto do corpo humano.

Despois de un par de meses traballando o corpo xa podemos dar por rematado o proxecto. Aprendemos un montón de cousas a través de todo o material que trouxemos, explicando cada un o que sabiamos de cada un e completando un pouco máis coa información que nos daba o profe.

En canto a todo o que ten que ver co coidado do corpo, hixiene, descanso e alimentación, tivemos a sorte de recibir a visita dunha enfermeira, Pili a mamá de Gael, que nos explicou un montón de cousas interesantes e incluso ensinounos un par de cancións moi divertidas.

Ademáis de todo isto fixemos unha saída a un supermercado local para ver os distintos tipos de alimentos que forman a pirámide alimenticia.

A alimentación saudable.

Xa estamos acabando o noso proxecto do corpo humano, esta última semana estivemos aprendendo sobre a pirámide dos alimentos e como levar a cabo unha dieta saudable. Aquí temos unha actividade para seguir traballando.

As partes do corpo e da cara.

Voltamos do entroido con forzas despois dos días libres, e con moitas ganas de seguir aprendendo sobre o corpo humano a través do noso proxecto. Nesta actividade coñeceremos como se chaman as partes do corpo e da cara.

Continuamos coñecendo o corpo humano. Os órganos internos.

Pasamos a coñecer os órganos máis importantes que temos dentro do corpo. Aquí temos unha actividade multimedia e un vídeo para seguir traballando o corpo humano.




                                 

Visitounos un veterinario!!

Xa levamos moitos días traballando o corpo humano, por iso cando no conto de Bimba que limos a semana pasada vimos que lle facían unha radiografía, nos demos de conta que Bimba tiña osos coma nós. Para coñecer máis sobro o corpo da nosa mascota e as similitudes co noso, invitamos á nosa clase a Víctor, o papá de Alexander, que é veterinario de urxencias. 

Contounos un montón de cousas interesantes sobre os cans e gatos, ensinounos un montón de radiografías onde puidemos ver os ósos que tamén temos no noso corpo e ensinounos un aparello cun nome moi raro, estetoscopio o fonendoscopio, que serve para escoitar o ruído que fan os nosos órganos vitais

Na mochila de Bimba mandamos dende hoxe o conto da radiografía de Bimba, para que o día que toca levar a casa, a parte de ollar o seu diario de viaxe, poidamos practicar a lectura lendo este bonito conto.


Os músculos do noso corpo humano.

Seguimos avanzando no coñecemento do corpo humano. Despois de aprender o que son ósos, pasamos a estudar o que está enriba deles, os músculos. Aquí temos una actividade para coñecer como son, como se chaman e que debemos facer para ter uns músculos sans e fortes.



Aquí temos tamén o vídeo dos músculos que vimos na clase onde aprendimos un montón sobre os músculos e a importancia de facer exercicio no noso día a día.

O corpo humano: Os ósos.

Empezamos a nosa viaxe polo corpo humano vendo este vídeo para saber que son os ósos e para que serven.

 

Aquí temos unha actividade para seguir traballando sobre os ósos e o esqueleto.

Comezamos o proxecto do corpo!!

Como xa sabedes, imos a realizar un proxecto acerca do corpo humano. Xa temos moitas cousas, pero ao longo do proxecto podedes mandarnos o que vos pareza que está relacionado co proxecto (unha lámina dunha obra de arte onde sae unha figura humana, unha revista con corpos e persoas de distintas razas, unha revista de musculación, o que se vos ocurra!!...) Calquera cousa que teñades na casa pode valer para aprender acerca do noso corpo.