RSS
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

Excursión a Indiana Bill.

Que ven o pasamos hoxe en Indiana Bill. Xogamos todos como tolos!! Aquí tedes a proba.


Se queredes baixalas podedes facelo premendo aquí.

Excursión a Apípolis!!

Menudo día tivemos hoxe!! Fomos a Apípolis, a cidade das abellas, na parroquia de Xeve, preto de Pontevedra. Fixemos un montón de cousas: aprendimos cousas das abellas a través de xogos e imaxes, cociñamos galletas con mel, fixemos velas cun panal, embotellamos mel en tarriños, e incluso metémonos coas abellas protexidos cuns traxes especiais. Ademáis tamén xogamos un montón. Pasámolo estupendamente!!

Xa está aquí o Nadal!!

Outra vez chegou decembro e xa estamos no Nadal. No cole non paramos de facer cousas divertidas relacionadas con esta festa.
Primeiro fomos decorar as árbores do xardín do cole cun montón de adornos que fixemos  con material de refugallo coas nosas familias.


Tamén fixemos unhas fotos moi graciosas con gorros de papa noel e cornos de renos para celebrar que o Nadal xa está moi preto.


Non podía faltar nos preparativos da festa do nadal facer unha carta para pedir aos reis ou papa noel un agasallo. Incluso a levamos ata correos para asegurarnos de que chegue ao seu destiño.


carta aos reis - diapositivas

Aínda nos quedan moitas cousas por facer neste Nadal, podédelo seguir todo no noso blogue.

E chegou o día de ir a ver os dinosauros!!

Hoxe fomos de excursión ao IFEVI a ver unha exposición de dinosauros. Bimba non se quixo perder esta aventura, polo que a levamos con nós. Puidemos ver un montón deles, que se movían e facían moito ruido. Foi moi emocionante!!


O chegar a clase, rematamos as caretas que comezamos o día anterior e miramos un cachiño dunha peli de dinosauros, "En busca del valle encantado 2". Foi un día fantástico!!