RSS

Os nosos debuxos cobran vida.

Hoxe incorporamos unha nova ferramenta para empregar en clase, unha tableta android. Pouco a pouco iremos experimentando con apps que nos axuden a seguir aprendendo. A app que descubrimos hoxe foi Colarmix, unha aplicación que permite crear debuxos tridimensionais a partir de debuxos en papel que nos coloreamos, o resultado foi moi chulo, motívanos moito esta nova forma de colorear. Estamos desexando seguir empregando esta app.


Eu quero viaxar a...

Na segunda entrega do noso proxecto "Falando nas nubes" centrámonos en contar a que sitios gustaríanos viaxar ou que son especiais para nós. Nesta ocasións xa estamos un pouco máis soltos e falamos máis, coma sigamos nesta liña, xa non vai haber quen nos faga calar!! Aquí temos o noso segundo vídeo.

Aniversario de André Avendaño.

Hoxe celebramos o Aniversario de André Avendaño, que xa ten 6 anos!! Fixemos unha gran festa; comemos un biscoito con azucre boísimo, bailamos varias cancións que escolleu André, en resumen... Pasámolo en grande!!!

Falando nas nubes!!

Nesta terceira avaliación empezamos unha nova actividade chamada: Falando nas nubes. Empregaremos distintas ferramentas que atopamos na nube (youtube, hangout, google+...) para transmitir o que queremos contar, e que nos escoiten en todo o mundo. Nesta primeira entrega falamos do que queremos ser de cando sexamos maiores. Para ser a primeira vez que nos colocamos diante da cámara fixémolo xenial.


Na seguinte entrega falaremos dos lugares do mundo que nos gustaría visitar, e por suposto, aceptamos propestas para as seguintes entregas. Comentade as vosas ideas!!


Comezamos co fonema g.

Despois de descansar moito nas vacacións voltamos con forzas para empezar a traballar un fonema novo: o fonema g. É pouco difícil porque ten distintos sons segundo a vogal que acompañe. Para comezar, imos ver como soa cando vai con A,O ou U. Aquí temos un LIM para practicar.

A nosa clase recicla.

Como xa vimos no entroido, este ano estamos a traballar a reciclaxe. Hoxe vimos como se separan o lixo para poder reciclalo, e preparamos a nosa aula para poder separar o lixo que día a día temos na clase.


Para seguir traballando e aprendendo sobre a reciclaxe aquí temos unha actividade para seguir practicando.

Proxecto do corpo humano.

Despois de un par de meses traballando o corpo xa podemos dar por rematado o proxecto. Aprendemos un montón de cousas a través de todo o material que trouxemos, explicando cada un o que sabiamos de cada un e completando un pouco máis coa información que nos daba o profe.

En canto a todo o que ten que ver co coidado do corpo, hixiene, descanso e alimentación, tivemos a sorte de recibir a visita dunha enfermeira, Pili a mamá de Gael, que nos explicou un montón de cousas interesantes e incluso ensinounos un par de cancións moi divertidas.

Ademáis de todo isto fixemos unha saída a un supermercado local para ver os distintos tipos de alimentos que forman a pirámide alimenticia.