Seguimos avanzando no coñecemento dos fonemas e agora chega o turno do fonema V. Aquí temos unha nova actividade.
Excursión a Apípolis!!
Menudo día tivemos hoxe!! Fomos a Apípolis, a cidade das abellas, na parroquia de Xeve, preto de Pontevedra. Fixemos un montón de cousas: aprendimos cousas das abellas a través de xogos e imaxes, cociñamos galletas con mel, fixemos velas cun panal, embotellamos mel en tarriños, e incluso metémonos coas abellas protexidos cuns traxes especiais. Ademáis tamén xogamos un montón. Pasámolo estupendamente!!
A alimentación saudable.
on viernes, 28 de marzo de 2014
Etiquetas:
Proxecto corpo
/
Comments: (0)
Xa estamos acabando o noso proxecto do corpo humano, esta última semana estivemos aprendendo sobre a pirámide dos alimentos e como levar a cabo unha dieta saudable. Aquí temos unha actividade para seguir traballando.
Aniversario de Catalina e Mencía!!
on jueves, 27 de marzo de 2014
Etiquetas:
Aniversarios
/
Comments: (0)
Menudo día tivemos hoxe, primeiro visitamos un supermercado para coñecer os alimentos saudábeis como parte do proxecto do corpo humano que estamos a facer, e despois tivemos una gran festa para celebrar o aniversario de Mencía e Catalina. Tomamos roscón, biscoito de chocolate e bailamos. Pasamos un rato xenial!!
O novo apartado de infantil na web do cole!!
on martes, 25 de marzo de 2014
Etiquetas:
o noso cole
/
Comments: (0)
Como podedes ver agora na esquina superior esquerda podemos ver unha imaxe da parede do cole, e se pinchamos nela imos directamente á web do cole, a cal ten un novo apartado adicado só a infantil, con actividades, fotos e demáis información que ten que ver coa nosa clase e con todas as demáis. Entrade!!
Seguimos traballando co fonema r.
on martes, 18 de marzo de 2014
Etiquetas:
actividades multimedia,
lectoescritura
/
Comments: (0)
Aquí está a actividade que se centra no fonema r cando ten un son suave, e o comparamos co son forte. Apreciamos facilmente a diferencia, verdade? Agora só queda practicar e afinar ben o oído.
Sesión de contacontos.
on lunes, 17 de marzo de 2014
Etiquetas:
Actividades
/
Comments: (0)
Hoxe recibimos a visita dun contacontos moi divertido: Iago López. Veunos presentar "Contos para levar no peto", aínda que o libro que trouxo era xigantesco!! O seu protagonista era Martiño, e como a nós, gustáballe moito ler e ir ao campo, pasamos un rato moi agradable.



