RSS

O corpo humano: Os ósos.

Empezamos a nosa viaxe polo corpo humano vendo este vídeo para saber que son os ósos e para que serven.

 

Aquí temos unha actividade para seguir traballando sobre os ósos e o esqueleto.

Comezamos o proxecto do corpo!!

Como xa sabedes, imos a realizar un proxecto acerca do corpo humano. Xa temos moitas cousas, pero ao longo do proxecto podedes mandarnos o que vos pareza que está relacionado co proxecto (unha lámina dunha obra de arte onde sae unha figura humana, unha revista con corpos e persoas de distintas razas, unha revista de musculación, o que se vos ocurra!!...) Calquera cousa que teñades na casa pode valer para aprender acerca do noso corpo.


A letra H.

Esta semana estivemos traballando a letra H. Resultounos un pouco complicada porque como non ten son, a veces a esquecemos. Aquí temos unha actividade para seguir practicándoa.

Día do xoguete.

Hoxe celebramos un día moi especial, que dende o ano pasado estase a converter nunha tradición, o día do xoguete. Puidemos ensinar un dos nosos xoguetes favoritos, e o que é máis importante, puidemos compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras.

Xogos de inxenio 2.

Como aínda seguimos de vacacións e seguro que tendes un montón de tempo libre, aquí vos deixo a segunda entrega dos xogos de inxenio feitos coas personaxes elixidas por nós na clase, para poñer a traballar un pouquiño a nosa testa.

Feliz 2014

Hoxe é un día moi especial, xa que outro ano acaba e un novo empeza, cheo de ilusións, proxectos, desexos e 365 días para poder cumplilos todos. Desexo que teñades a entrada neste ano novo que comeza máis feliz e positiva posible.


Panxoliñas por aula e merendola!!

Hoxe foi un día moi especial, para celebrar que empezan as vacacións do nadal, todo o cole foi polas clases presentando as panxoliñas que estiveron preparando durante este último mes, e nós non iamos ser menos. Fomos as clases de 3 e 4 anos A, e 1º e 2º A de primaria. Tamén pasaron pola nosa clase todos os grupos A do cole. 




Despois celebramos unha gran merendola no patio con todos os compañeiros de infantil, e pasámolo estupendamente!!


BO NADAL E FELICES FESTAS!!