RSS

Fonema f.

Actividades para practicar o fonema f.


Nivel 1


Nivel 2.

Aniversario de Lucía e Alexander.

Este venres 13 celebramos o aniversario de Lucía e Alexander cunha gran festa. Puidemos comer un rico biscoito, unha sabrosa tarta de chocolate e galleta e beber zumes de laranxa ou multifroita. Non quedou nada! Estaba todo riquísimo! Comimos, bailamos e o pasamos xenial.

Xogos de inxenio. 1

Cos debuxos que máis nos gustan tamén podemos traballar o noso intelecto!!

Traballamos o fonema n.

Aquí temos dúas actividades para practicar palabras con n.
Nivel 1 



Nivel 2

Traballamos as letras: P, L, M, S, T e D.

Durante toda esta primeira avaliación traballamos o fonema p, l, m, s, t e d. Aquí deíxovos unhas actividades para seguir practicándoos. O mellor e que os peques os fagan sós como facemos na clase, repetindo as palabras en voz alta, identificando os sons de cada letra (o que se chama método fonético).


NIVEL 1




NIVEL 2




NIVEL 3



Cada semana irei engadindo más seguindo o ritmo dos fonemas traballados na clase. 

Hoxe fixemos un obradoiro de igualdade.

Hoxe tivemos a oportunidade de recordar algo que a veces esquecemos un pouco. Da igual que sexamos nenos ou nenas, homes ou mulleres, azuis ou rosas (como dicía a rapaza que nos falou)... todos podemos facer de todo, e xogar ao que non guste. Ou acaso un neno non pode xogar con bonecas? E unha nena non pode xogar cos coches? Pois claro que sí que pode, aínda que a veces a sociedade e o contorno fai que se non esqueza, pero nós, que somos uns nenos e nenas moi listos, iremos recordándollo a xente.

Canto aprendemos de África!!

Despois de moitas semanas xa podemos dar por rematado o noso proxecto de África. A parte de todas as actividades escritas, durante este tempo fixemos moitas outras cousas coma xogar con animais de plasti ou de xoguete, ensartamos colares masais de distintas formas xeométricas, ollamos distintos libros, fixemos pirámides exipcias...

Incluso chegamos a facer un safari polo patio buscando fotos de animais!



Recibimos a visita de Mario, o tío de Aisha, que estivo catro meses traballando en Mauritania. E explicounos como era a vida alí.


Con todo o que trouxemos de África, fixemos un gran mural, e fomos explicando un a un en que consistía cada cousa.



A profe de música tamén quiso contribuir ao noso proxecto, e durante dúas clases ensinounos acerca dos instrumentos e bailes propios de África.



f

A través de todas estas actividades e experiencias traballamos contidos de lectoescritura, xogo, lóxica-matemática... Estamos ansiosos por saber cal será o noso próximo proxecto!!