RSS

Falando nas nubes das cousas que non funcionan no mundo.

Aínda que somos algo pequenos, dámonos conta de que hai cousas no mundo que non funcionan ben e queremos dicilas para ver se cambian as cousas. Entre maiores e pequenos seguro que xuntos podemos facer deste mundo un lugar mellor. Se queredes intervir mentres falamos só tedes que escribir un comentario e responderemos as vosas preguntas ou suxestións, animádevos!!

Mesturando as nosas caras.

Hoxe entre traballo e traballo fixemos co Ipad unha actividade moi divertida. Cunha app que se chama Face Replace (intercambio de cara) estivemos xogando a mesturar dúas caras, e o resultado fíxonos moita graza. A ver se adiviñades quen son en cada foto.



O fonema J.

Cada vez estamos máis preto da fin do curso, pero aínda temos fonemas por traballar. Desta vez e o turno do fomena J, que xe estivemos traballando ao longo da semana. O que máis nos custa e lembrar cando hai que usar este fonema, e non o fonema G, pero cun pouco máis de práctica terémolo dominado.

Temos noticias de André Alarcón!!

O outro día recibimos un comentario do noso compañeiro André Alarcón dende Detroit, contábanos co viaxe foi moi divertido e que vivían rodeados de natureza. Hoxe Myriam mandounos unhas fotos e nos conta que están moi a gusto na súa casiña nova e que seguirán a contarnos cousas, estamos impacientes!!


Hablando en las nubes de mi animal favorito

Xosé María Díaz Castro.

O pasado día 17 de Maio foi o día das letras galegas, e nós na clase estivemos traballando a figura o homenaxeado, Xosé María Díaz Castro. Como poeta que foi, nós recreamos varias das súas poesías. Aquí temos o resultado:

 


Viaxamos ao futuro.

Hoxe fixemos unha viaxe ao futuro, si, así como soa, unha viaxe ao futuro. Como temos moita curiosidade por saber como será o traballo en primaria o ano que ben, viaxamos ata alí para ver se nos sentíamos cómodos e contentos, e por sorte gustounos moito. Se non nos credes, aquí tedes a proba.



Ademáis, despois dun par de semanas recopilando vídeos, aproveitamos hoxe para estrear o trailer do que será o paso a primaria destes pequenos e pequenas valentes.