RSS

Temos noticias de André Alarcón!!

O outro día recibimos un comentario do noso compañeiro André Alarcón dende Detroit, contábanos co viaxe foi moi divertido e que vivían rodeados de natureza. Hoxe Myriam mandounos unhas fotos e nos conta que están moi a gusto na súa casiña nova e que seguirán a contarnos cousas, estamos impacientes!!


Hablando en las nubes de mi animal favorito

Xosé María Díaz Castro.

O pasado día 17 de Maio foi o día das letras galegas, e nós na clase estivemos traballando a figura o homenaxeado, Xosé María Díaz Castro. Como poeta que foi, nós recreamos varias das súas poesías. Aquí temos o resultado:

 


Viaxamos ao futuro.

Hoxe fixemos unha viaxe ao futuro, si, así como soa, unha viaxe ao futuro. Como temos moita curiosidade por saber como será o traballo en primaria o ano que ben, viaxamos ata alí para ver se nos sentíamos cómodos e contentos, e por sorte gustounos moito. Se non nos credes, aquí tedes a proba.



Ademáis, despois dun par de semanas recopilando vídeos, aproveitamos hoxe para estrear o trailer do que será o paso a primaria destes pequenos e pequenas valentes.


Fonema Ñ

Comezamos semana e comezamos fonema, o ñ, a verdade e que xa o vimos cando traballamos o fonema n, así que debería ser unha semana de traballo moi doada!! Aquí temos un lim para traballalo.

Moita sorte André!!! Querémoste moito!!!

Hoxe foi un día triste, porque o noso compañeiro André Alarcón marcha do cole para empezar unha aventura con toda a súa familia en Detroit, Estados Unidos. Ímoslle botar moito de menos, e para amosarlle canto nos importa fixémoslle un montón de traballos. Fixemos un libro de debuxos cunha portada moi divertida, firmamos entre todos a súa orla, e nos tomamos unha foto todos xuntos para que nunca nos olvide. 





Feliz día da familia!!

Hoxe, 15 de marzo, foi o día da familia. Levábamos agardando este día dende fai xa moito tempo, e estivemos traballando duro para poder facer varios detalliños que expresen o amor e cariño que temos cara esas persoas especiais na nosa vida. Non só nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, etc... se non tamén esas que co día a día convertéronse en apoios fundamentais da nosa vida: amigos, compañeiros, veciños...
Para lembrarnos de todas esas persoas especiais, coa app Visual Poetry do IPAD, cada un escribiu o nome das persoas máis especiais, e unha vez escritas todas, escollimos o debuxo en forma de corazón, e varias cores. Este foi o resultado.