RSS

Feliz día da familia!!

Hoxe, 15 de marzo, foi o día da familia. Levábamos agardando este día dende fai xa moito tempo, e estivemos traballando duro para poder facer varios detalliños que expresen o amor e cariño que temos cara esas persoas especiais na nosa vida. Non só nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, etc... se non tamén esas que co día a día convertéronse en apoios fundamentais da nosa vida: amigos, compañeiros, veciños...
Para lembrarnos de todas esas persoas especiais, coa app Visual Poetry do IPAD, cada un escribiu o nome das persoas máis especiais, e unha vez escritas todas, escollimos o debuxo en forma de corazón, e varias cores. Este foi o resultado.









Museo adicado a Aida Alonso, unha nova ilustradora galega.

Como todos os anos, o CEIP Balaídos quere traballar, a parte da figura de Xosé Manuel Díaz Castro, homenaxeado polas letras galegas deste 2014, a figura dunha ilustradora, que nesta ocasión é Aída Alonso. Para iso, miramos as obras desta autora, escollimos as que máis nos gustaron, e con elas, deseñamos un museo virtual polo que finalmente demos un paseo admirando cada unha delas. Aquí tedes o resultado.

Nuestro primer periódico.

Seguimos trabajando los medios de comunicación, en esta ocasión trabajamos un medio escrito como es el periódico. Cada uno hizo una página eligiendo la noticia más relevante del día. Aquí tenéis el resultado.


A nosa comida favorita é...

Seguimos a falar coas nubes e mellorando a nosa expresión oral e dotes comunicativas. Neste caso quixemos contar cal é esa comida tan rica e especial que nos fai unha, ou varias persoas persoas moi especiais tamén.


Seguimos aceptando peticións, de que podemos falar na próxima entrega??

Reciclamos fora da escola!!

Despois de todo o que aprendimos sobre a reciclaxe chegou o momento de poñelo en práctica fóra do cole, e vaia se sabemos reciclar, non hai máis que mirar as fotos, somos todos uns expertos!!

Aniversario de Yago

Hoxe celebramos outro aniversario!! O de Yago. O pasamos fenomenal, comemos dúas tartas distintas, bailamos e cantamos un montón. Foi unha boa festa!!

A miña película favorita.

Nesta ocasión compartimos cos nosos compañeiros cal é a nosa serie o película favorita, e mira ti por onde, descubrimos que algúns compañeiros que teñen os mesmos gustos ca nós. Canto máis nos coñecemos imos vendo que aínda que somos distintos, somos moi parecidos.