Xa levamos dende outubro traballando con fonemas, e xa empezamos a ler pouco a pouco. Con esta actividade podemos practicar a lectura de maneira interactiva.
Os músculos do noso corpo humano.
Etiquetas:
actividades multimedia,
Proxecto corpo
/
Comments: (0)
Seguimos avanzando no coñecemento do corpo humano. Despois de aprender o que son ósos, pasamos a estudar o que está enriba deles, os músculos. Aquí temos una actividade para coñecer como son, como se chaman e que debemos facer para ter uns músculos sans e fortes.
Aquí temos tamén o vídeo dos músculos que vimos na clase onde aprendimos un montón sobre os músculos e a importancia de facer exercicio no noso día a día.
Aniversario Karen
on viernes, 31 de enero de 2014
Etiquetas:
Aniversario
/
Comments: (0)
Hoxe celebramos o aniversario de Karen e pasámolo realmente ben. Trouxo un biscoito con anacos de chocolate boísimo que devoramos nun periquete. Despois de ter o bandullo cheo bailamos un pouco coa música de Violeta, que escolleu Karen.
Celebramos todos xuntos a paz.
Hoxe foi o día da Paz, e a celebramos con todos @s compañeir@s do colexio. Fixemos un boneco na clase, pintamos a nosa cara co símbolo da paz, xogamos a un montón de xogos no patio e logo escoitamos a canción Imagine, o manifesto feito polos maiores, e puidemos ver como un representante de cada clase leía a súa frase relacionada coa paz e soltaba unha pomba, que trouxo Víctor, o papá do noso compañeiro Alexander. Foi un gran día.
Descubrimos as esferas.
on miércoles, 29 de enero de 2014
Etiquetas:
Actividades,
lóxica-matemática
/
Comments: (0)
A semana pasada empezamos a traballar co concepto de esfera. Despois de coñecer as pirámides no proxecto de África, pasamos a coñecer outra forma xeométrica. A esfera é como a forma redonda, pero sen ninguna parte plana, é dicir con volume, vexamos por onde a vexamos sempre veremos a mesma forma. Fixádemos nesta esferas voadoras.
Unha vez aprendido o que son as esferas, decidimos investigar a ver cantas esferas hai no mundo no que vivimos, e para a nosa sorpresa, foron moitas máis das que pensabamos. Aquí está a proba.
Semana da paz.
Con motivo do día da paz que será mañá, esta semana realizamos distintas actividades en clase para descubrir máis sobre que é a paz e como pode facer co mundo sexa un lugar moito mellor. Dende a biblioteca própuse traballar unha figura que nos parecerá relevante no campo da defensa dos dereitos das persoas e o fomento da paz.
A figura escollida pola nosa clase foi a de Malala Yousfzai, unha nena que recibiu un disparo dos talibáns por defender o dereito a educación das nenas nos países árabes. Pese a tal terrible suceso, a nena non morreu e agora percorre o mundo defendendo a educación para nenos e nenas. Entre toda a clase fixemos este pequeno muralque está posto no edificio de primaria.
Mañá, no acto que celebraremos con todo o cole para conmemorar a paz, a nosa clase pronunciará unha bonita frase dita por Malala que é:
"Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo"
O diario de Bimba
on jueves, 23 de enero de 2014
Etiquetas:
Diario Bimba
/
Comments: (0)
Este é o pequeno diario que Bimba fixo para non esquecer nin un só dos momentos tan bonitos e divertidos que pasou nas viaxes que fixo ás casas de todos os nenos e nenas durante a primeira avaliación.


