RSS

Gael estivo de aniversario!!

Hoxe celebramos o aniversario de Gael, pasámolo moi ben: comemos tarta de chocolate e galleta e zume de piña, bailamos cancións de mamá cabra, xogamos a un par de xogos na clase e cantámoslle a canción do aniversario!!. Foi moi divertido!! Moitas felicidades Gael!!



A festa do Samagostín!!

Hoxe celebramos a festa do Samagostín!! Xogamos coas cousas do Samaín, demos moitos sustos, vimos un anaco dunha peli chea de montros e comimos castañas todos xuntos!! Foi unha mañana xenial!!

We keep on doing the monday briefing in english!! / Seguimos facendo a asamblea dos luns en inglés.

Like every monday, today we did the brienfing in english! We counted how many students were at school, we talked about the day of the week it was, how the weather was like, and sang a lot of songs, after four weeks we almost know all.

Como cada luns, hoxe fixemos a asamblea en inglés! Contamos cantos alumnos estaban na escola, hablamos sobre o día da semana que era, como era o tempo, e cantamos moitas cancións, despois de catro semanas casi as sabemos todas.

Imos celebrar o Samagostín!

O Samagostín xa está a volta da esquina, o mércores nos poderemos disfrazar de medo e comeremos castañas asadas no patio. Para iso, tal como dicía a circular que recibistes a semana pasada, é necesario traer entre o luns e o martes dúas botellas partidas pola metade e pegadas con cinta adhesiva (que decoraremos na clase), e unhas poucas castañas cun corte transversal.


Gracias pola vosa colaboración!!

Achegáse o Samagostín!

Hoxe cando chegamos ao cole atopamos o corredor e a clase decorados cun montón de cousas terroríficas: morcegos, arañas, pantasmas... e ata unha momia enorme!! Normal que máis de un quedara coa boca aberta! Achégase o Samagostín, que será o 30 de outubro, día no que celebremos no cole o Samagostín, poderemos vir vestidos de medo e comeremos castañas no patio!!

O longo da semana fixemos moitas actividades relacionadas co Samaín, o Magosto e as momias, que forman parte do proxecto que estamos realizando na clase. Por certo, a momia que fixemos non ten nome, alguén se anima a dar algunha proposta nun comentario? Entre todas votaremos o nome na clase. Animádevos a comentar!!



O cullarapo Croque

Hoxe recibimos a visita de Miguel Ángel, un poeta moi simpático que veu recitarnos poemas e a contarnos as mesmas historias que lle contaba ao cullarapo Croque a súa mamá. Gustáronos tanto, que o rematar fixemos un debuxo.

Welcome Katrine!! Benvida Katrine!!

Today was a very special day, we have been visited by Katrine, a girl who came from Scotland to help us to improve our english. Every single tuesday she will come to our class to sing a song or tell us a story. We are very happy!! Welcome Katrine!!


Hoxe foi un día moi especial, fomos visitados por Katrine, unha rapaza que ven de Escocia para axudarnos a mellorar o noso inglés. Cada martes virá a nosa clase a cantar unha canción ou contarnos un conto.Estamos moi contentos! Benvida Katrine!