RSS

Achegáse o Samagostín!

Hoxe cando chegamos ao cole atopamos o corredor e a clase decorados cun montón de cousas terroríficas: morcegos, arañas, pantasmas... e ata unha momia enorme!! Normal que máis de un quedara coa boca aberta! Achégase o Samagostín, que será o 30 de outubro, día no que celebremos no cole o Samagostín, poderemos vir vestidos de medo e comeremos castañas no patio!!

O longo da semana fixemos moitas actividades relacionadas co Samaín, o Magosto e as momias, que forman parte do proxecto que estamos realizando na clase. Por certo, a momia que fixemos non ten nome, alguén se anima a dar algunha proposta nun comentario? Entre todas votaremos o nome na clase. Animádevos a comentar!!



O cullarapo Croque

Hoxe recibimos a visita de Miguel Ángel, un poeta moi simpático que veu recitarnos poemas e a contarnos as mesmas historias que lle contaba ao cullarapo Croque a súa mamá. Gustáronos tanto, que o rematar fixemos un debuxo.

Welcome Katrine!! Benvida Katrine!!

Today was a very special day, we have been visited by Katrine, a girl who came from Scotland to help us to improve our english. Every single tuesday she will come to our class to sing a song or tell us a story. We are very happy!! Welcome Katrine!!


Hoxe foi un día moi especial, fomos visitados por Katrine, unha rapaza que ven de Escocia para axudarnos a mellorar o noso inglés. Cada martes virá a nosa clase a cantar unha canción ou contarnos un conto.Estamos moi contentos! Benvida Katrine!

Benvido Adrián!!

Hoxe recibimos a un novo compañeiro, Adrián. Como estamos todos moi contentos, cada un fixémoslle un libro formado por un debuxo de cada un. Non entende moito o español, por iso temos que axudarlle a coller o ritmo da clase.


BENVIDO ADRIÁN!!

Comezamos cos libros viaxeiros!!

Outro ano máis, como é tradición no cole Balaidos, volvemos a disfrutar dos contos viaxeiros!! Os contos saen da biblioteca para visitar a casa dun neno ou nena cada fin de semana. 


En cada sobre tedes unha ficha para que marquedes que vos pareceu o conto (que por agora o leerá mamá, papá, o avó, avoa...), e fagades un debuxo da vosa parte favorita. Ao longo do curso, iremos comentando o que nos parece cada libro. Animadevos!!

Imos coñecer África!!

Queridas familias, esta semana imos a recibir na clase a visita do tío de Aisha chamado Mario. Resulta que estivo 4 meses en África e vainos traer un montón de fotos e vídeos sobre a súa experiencia nese continente. 



Por iso imos investigar un pouco sobre esa terra, que hai nela, que se come, onde está, como é a xente que vive alí... 
Dende a clase pedimos calquer información ou obxecto que poida ter algo que ver con África, contos, fotos, puzzles, revistas de viaxes... Toda a información e materiais aportados teñen que traer o nome nalgún lado para facilitar a súa devolución

As viaxes de Bimba.

A nosa mascota Bimba e toda unha exploradora e encántalle ir cada día a descubrir o mundo acompañada dun neno ou nena da clase.
Para recordar cada sitio que visita imos facer un diario cunha foto e un pequeno texto do sitio visitado. 



Podedes enviar a foto e o texto ao correo da clase: clase5abalaidos@gmail.com