RSS

O gañador dos bibliopuntos.

Hoxe despois do recreo fomos a aula da psicomotricidade á entrega dos premios aos nenos ou nenas que conseguiron máis bibliopuntos ao longo do curso. Estes puntos conseguíanse ao coller libros na biblio e participar nas distintas actividades que se promovían dende ela. Houbo un gañador de cada clase, e na nosa foi Alexander!! Noraboa!!




Obradoiro de alimentación variada e educación sensorial.

Menuda mañá máis interesante tivemos hoxe. Recibimos a visita da mamá e da tía de Noa Fernández e ensináronos un montón de cousas sobre a alimentación sá e os sabores dos alimentos. Experimentamos con todos os sentidos, e probamos moitas cousas ricas e novas para algún de nós. Moitas grazas por vir a facer esta activdade!!