RSS

Mesturando as nosas caras.

Hoxe entre traballo e traballo fixemos co Ipad unha actividade moi divertida. Cunha app que se chama Face Replace (intercambio de cara) estivemos xogando a mesturar dúas caras, e o resultado fíxonos moita graza. A ver se adiviñades quen son en cada foto.