RSS

Feliz día da familia!!

Hoxe, 15 de marzo, foi o día da familia. Levábamos agardando este día dende fai xa moito tempo, e estivemos traballando duro para poder facer varios detalliños que expresen o amor e cariño que temos cara esas persoas especiais na nosa vida. Non só nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, etc... se non tamén esas que co día a día convertéronse en apoios fundamentais da nosa vida: amigos, compañeiros, veciños...
Para lembrarnos de todas esas persoas especiais, coa app Visual Poetry do IPAD, cada un escribiu o nome das persoas máis especiais, e unha vez escritas todas, escollimos o debuxo en forma de corazón, e varias cores. Este foi o resultado.









0 comentarios:

Publicar un comentario