RSS

A festa do entroido.

Durante esta semana de entroido estivemos seguindo as ordes do meco. Mandounos levar unhas gafas, vestir de nenos ou nenas, de rapeiros ou de mimos. Aquí tedes as fotos do guapos que estabamos.


Hoxe foi o día da festa, e o pasamos en grande. Primeiro fixemos unha merendola na clase cun montón de orellas e filloas que estaban moi ricas. Despois preparamos os nosos disfraces, para despois desfilar polo patio do cole e por último, escoitamos o xuizo do meco, o cal ao final tivo que arder.

E chegaron os Merdeiros á nosa clase.

Fai dous días vimos un vídeo sobre os Merdeiros, unha figura tradicional do entroido galego de Vigo que inventaron os mariñeiros para burlarse dos campesiños que viñan a cidade a vaciar os pozos negros para utilizalo como esterco para abonar ós seus campos. Os Merdeiros se dedican a ir pola zona vella de Vigo facendo falcatruadas ós demáis.Como Gael coñecía a figura dos Merdeiros explicounos cousas que nós non sabiamos.

 Por iso nós hoxe fixemos unha careta de Merdeiro e fomos asustando e facendo bromas polo colexio adiante. Pasámolo xenial!!


Se queredes coñecer máis sobre os Merdeiros non vos perdades este vídeo, cortesía de Pilar mamá de Gael.

                 
          OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM from OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM on Vimeo.

Repasamos os fonemas h,b,c, q.

Esta semana de entroido aproveitamos para repasar os últimos catro fonemas que vimos nas pasadas semanas. Imos empezando a ler pouco a pouco.

Achégase o entroido.

O entroido está á volta da esquina, xa temos o disfrace case listo. Como xa sabemos este ano no cole xira entorno ao reciclaxe, e o tradicional meco tamén. Preséntovos a Recibot, o meco que temos no edificio de infantil. No edificio de primaria hai outro Recibot pero máis grande.


Cada día da semana que ben teremos que ir cumplindo os mandatos do meco, empezando polo luns: 


Podedes seguir os mandatos do meco cada día na imaxe da esquina superior esquerda do blogue.

O fonema q.

Comeza unha nova semana e comezamos un novo fonema, o fonema q. É un son moi parecido ao fonema c, pero coa diferencia que so vai co i e co e, e na escritura hai que poñer unha u no medio que non se pronuncia. É un pouco lioso, pero practicando nun par de días o teremos controlado. Aquí temos unha actividade para coñecer palabras con q.

Continuamos coñecendo o corpo humano. Os órganos internos.

Pasamos a coñecer os órganos máis importantes que temos dentro do corpo. Aquí temos unha actividade multimedia e un vídeo para seguir traballando o corpo humano.




                                 

Fixemos corazóns con ceras!!

Para festexar o día de San Valentín, onte fixemos na clase un obradoiro de forneado de cera. Collimos as ceras de cores vellas que tiñamos por clase, as rompemos en anaquiños, as metemos nun molde con forma de corazóns, a forneamos nun forno eléctrico durante 15 minutos a 230 grados e logo as deixamos enfriar. Este foi resultado!!


Visitounos un veterinario!!

Xa levamos moitos días traballando o corpo humano, por iso cando no conto de Bimba que limos a semana pasada vimos que lle facían unha radiografía, nos demos de conta que Bimba tiña osos coma nós. Para coñecer máis sobro o corpo da nosa mascota e as similitudes co noso, invitamos á nosa clase a Víctor, o papá de Alexander, que é veterinario de urxencias. 

Contounos un montón de cousas interesantes sobre os cans e gatos, ensinounos un montón de radiografías onde puidemos ver os ósos que tamén temos no noso corpo e ensinounos un aparello cun nome moi raro, estetoscopio o fonendoscopio, que serve para escoitar o ruído que fan os nosos órganos vitais

Na mochila de Bimba mandamos dende hoxe o conto da radiografía de Bimba, para que o día que toca levar a casa, a parte de ollar o seu diario de viaxe, poidamos practicar a lectura lendo este bonito conto.


Aniversario de Gonzalo e Aisha

Hoxe celebramos un dobre aniversario, o de Gonzalo e Aisha. Comimos dous tipos de biscoitos dos que non quedaron nin as migallas. Logo bailamos todos xuntos escoitando música.

O fonema c.

Esta semana comezamos a traballar co fonema c. Como xa iremos vendo, e un pouco difícil porque segundo a vogal que acompañe soa dunha maneira ou de outra. Aquí temos dous actividades para ir practicando. 

NIVEL 1 



NIVEL 2

Comezamos a ler.

Xa levamos dende outubro traballando con fonemas, e xa empezamos a ler pouco a pouco. Con esta actividade podemos practicar a lectura de maneira interactiva.

Os músculos do noso corpo humano.

Seguimos avanzando no coñecemento do corpo humano. Despois de aprender o que son ósos, pasamos a estudar o que está enriba deles, os músculos. Aquí temos una actividade para coñecer como son, como se chaman e que debemos facer para ter uns músculos sans e fortes.



Aquí temos tamén o vídeo dos músculos que vimos na clase onde aprendimos un montón sobre os músculos e a importancia de facer exercicio no noso día a día.