RSS

Aniversario Karen

Hoxe celebramos o aniversario de Karen e pasámolo realmente ben. Trouxo un biscoito con anacos de chocolate boísimo que devoramos nun periquete. Despois de ter o bandullo cheo bailamos un pouco coa música de Violeta, que escolleu Karen. 

Celebramos todos xuntos a paz.

Hoxe foi o día da Paz, e a celebramos con todos @s compañeir@s do colexio. Fixemos un boneco na clase, pintamos a nosa cara co símbolo da paz, xogamos a un montón de xogos no patio e logo escoitamos a canción Imagine, o manifesto feito polos maiores, e puidemos ver como un representante de cada clase leía a súa frase relacionada coa paz e soltaba unha pomba, que trouxo Víctor, o papá do noso compañeiro Alexander. Foi un gran día.

Descubrimos as esferas.

A semana pasada empezamos a traballar co concepto de esfera. Despois de coñecer as pirámides no proxecto de África, pasamos a coñecer outra forma xeométrica. A esfera é como a forma redonda, pero sen ninguna parte plana, é dicir con volume, vexamos por onde a vexamos sempre veremos a mesma forma. Fixádemos nesta esferas voadoras.


Unha vez aprendido o que son as esferas, decidimos investigar a ver cantas esferas hai no mundo no que vivimos, e para a nosa sorpresa, foron moitas máis das que pensabamos. Aquí está a proba.

Semana da paz.

Con motivo do día da paz que será mañá, esta semana realizamos distintas actividades en clase para descubrir máis sobre que é a paz e como pode facer co mundo sexa un lugar moito mellor. Dende a biblioteca própuse traballar unha figura que nos parecerá relevante no campo da defensa dos dereitos das persoas e o fomento da paz.
A figura escollida pola nosa clase foi a de Malala Yousfzai, unha nena que recibiu un disparo dos talibáns por defender o dereito a educación das nenas nos países árabes. Pese a tal terrible suceso, a nena non morreu e agora percorre o mundo defendendo a educación para nenos e nenas. Entre toda a clase fixemos este pequeno muralque está posto no edificio de primaria.


Mañá, no acto que celebraremos con todo o cole para conmemorar a paz, a nosa clase pronunciará unha bonita frase dita por Malala que é:

"Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo"

O diario de Bimba

Este é o pequeno diario que Bimba fixo para non esquecer nin un só dos momentos tan bonitos e divertidos que pasou nas viaxes que fixo ás casas de todos os nenos e nenas durante a primeira avaliación.


Fonema b.

Seguimos aprendendo un montón sobre os fonemas, as letras e os seus sons. Agora é do fonema b. Aquí temos un par de actividades para traballar con el.


NIVEL 1.



NIVEL 2

O corpo humano: Os ósos.

Empezamos a nosa viaxe polo corpo humano vendo este vídeo para saber que son os ósos e para que serven.

 

Aquí temos unha actividade para seguir traballando sobre os ósos e o esqueleto.

Comezamos o proxecto do corpo!!

Como xa sabedes, imos a realizar un proxecto acerca do corpo humano. Xa temos moitas cousas, pero ao longo do proxecto podedes mandarnos o que vos pareza que está relacionado co proxecto (unha lámina dunha obra de arte onde sae unha figura humana, unha revista con corpos e persoas de distintas razas, unha revista de musculación, o que se vos ocurra!!...) Calquera cousa que teñades na casa pode valer para aprender acerca do noso corpo.


A letra H.

Esta semana estivemos traballando a letra H. Resultounos un pouco complicada porque como non ten son, a veces a esquecemos. Aquí temos unha actividade para seguir practicándoa.

Día do xoguete.

Hoxe celebramos un día moi especial, que dende o ano pasado estase a converter nunha tradición, o día do xoguete. Puidemos ensinar un dos nosos xoguetes favoritos, e o que é máis importante, puidemos compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras.

Xogos de inxenio 2.

Como aínda seguimos de vacacións e seguro que tendes un montón de tempo libre, aquí vos deixo a segunda entrega dos xogos de inxenio feitos coas personaxes elixidas por nós na clase, para poñer a traballar un pouquiño a nosa testa.