RSS

Xa está aquí o Nadal!!

Outra vez chegou decembro e xa estamos no Nadal. No cole non paramos de facer cousas divertidas relacionadas con esta festa.
Primeiro fomos decorar as árbores do xardín do cole cun montón de adornos que fixemos  con material de refugallo coas nosas familias.


Tamén fixemos unhas fotos moi graciosas con gorros de papa noel e cornos de renos para celebrar que o Nadal xa está moi preto.


Non podía faltar nos preparativos da festa do nadal facer unha carta para pedir aos reis ou papa noel un agasallo. Incluso a levamos ata correos para asegurarnos de que chegue ao seu destiño.


carta aos reis - diapositivas

Aínda nos quedan moitas cousas por facer neste Nadal, podédelo seguir todo no noso blogue.