RSS

Canto aprendemos de África!!

Despois de moitas semanas xa podemos dar por rematado o noso proxecto de África. A parte de todas as actividades escritas, durante este tempo fixemos moitas outras cousas coma xogar con animais de plasti ou de xoguete, ensartamos colares masais de distintas formas xeométricas, ollamos distintos libros, fixemos pirámides exipcias...

Incluso chegamos a facer un safari polo patio buscando fotos de animais!



Recibimos a visita de Mario, o tío de Aisha, que estivo catro meses traballando en Mauritania. E explicounos como era a vida alí.


Con todo o que trouxemos de África, fixemos un gran mural, e fomos explicando un a un en que consistía cada cousa.



A profe de música tamén quiso contribuir ao noso proxecto, e durante dúas clases ensinounos acerca dos instrumentos e bailes propios de África.



f

A través de todas estas actividades e experiencias traballamos contidos de lectoescritura, xogo, lóxica-matemática... Estamos ansiosos por saber cal será o noso próximo proxecto!!