RSS

Achegáse o Samagostín!

Hoxe cando chegamos ao cole atopamos o corredor e a clase decorados cun montón de cousas terroríficas: morcegos, arañas, pantasmas... e ata unha momia enorme!! Normal que máis de un quedara coa boca aberta! Achégase o Samagostín, que será o 30 de outubro, día no que celebremos no cole o Samagostín, poderemos vir vestidos de medo e comeremos castañas no patio!!

O longo da semana fixemos moitas actividades relacionadas co Samaín, o Magosto e as momias, que forman parte do proxecto que estamos realizando na clase. Por certo, a momia que fixemos non ten nome, alguén se anima a dar algunha proposta nun comentario? Entre todas votaremos o nome na clase. Animádevos a comentar!!