RSS

Canto aprendemos de África!!

Despois de moitas semanas xa podemos dar por rematado o noso proxecto de África. A parte de todas as actividades escritas, durante este tempo fixemos moitas outras cousas coma xogar con animais de plasti ou de xoguete, ensartamos colares masais de distintas formas xeométricas, ollamos distintos libros, fixemos pirámides exipcias...

Incluso chegamos a facer un safari polo patio buscando fotos de animais!



Recibimos a visita de Mario, o tío de Aisha, que estivo catro meses traballando en Mauritania. E explicounos como era a vida alí.


Con todo o que trouxemos de África, fixemos un gran mural, e fomos explicando un a un en que consistía cada cousa.



A profe de música tamén quiso contribuir ao noso proxecto, e durante dúas clases ensinounos acerca dos instrumentos e bailes propios de África.



f

A través de todas estas actividades e experiencias traballamos contidos de lectoescritura, xogo, lóxica-matemática... Estamos ansiosos por saber cal será o noso próximo proxecto!!

Conta atrás para o Nadal!!

Dentro de nada chegará o Nadal, xa empezamos a escoitar falar de regalos, árbores, adornos... Por iso imos a empezar a practicar as dúas cancións que cantaremos no festival de Nadal, e no desfile polas aulas.

A primeira e unha panxoliña coa música que se empregaba antes nos anuncios da loteria. E unha creación do Ceip San Xoán de Filgueira.


Podedes descargar a canción en mp3 aquí.

A segunda que escollimos e a canción Na casa da miña avoa do grupo Mamá Cabra.

.

Podedes descargar a canción en mp3 aquí.

Anímovos a que a descarguedes para que os peques as poidan escoitar na casa, no ordenador, tablet, no coche, etc... e así conseguiremos aprendela máis rápido.

O conto dos tres patos / The three ducks fairy tale

O martes viu Mónica ao cole,  a mamá de Yago, a contarnos un conto en forma de canción, era sobre tres patos que nadaban e uns lobos intentaban collelos e levalos a súa cova. E fixémolo todo en inglés. Foi moi divertido.


Tuesday Yago´s mom Mónica came to school to tell us a fairy tale singing. It was about three ducks who were swiming and a wolfs what were trying to get them and take them to ther cave. We did it in english. We had a great time.

E chegou o día de ir a ver os dinosauros!!

Hoxe fomos de excursión ao IFEVI a ver unha exposición de dinosauros. Bimba non se quixo perder esta aventura, polo que a levamos con nós. Puidemos ver un montón deles, que se movían e facían moito ruido. Foi moi emocionante!!


O chegar a clase, rematamos as caretas que comezamos o día anterior e miramos un cachiño dunha peli de dinosauros, "En busca del valle encantado 2". Foi un día fantástico!!

Voltamos ao areeiro!!

Xa facía moito tempo que non podiamos xogar no areeiro porque sempre chovía ou estaba mollado porque chovera o día anterior. Pero hoxe non foi así. Hoxe puidemos ir xogar, e pasámolo estupendamente. Despois do areeiro sempre temos que quitar os zapatos para quitar as areas, polo que é moito más doado cando traemos zapatos con velcro.

O arco da lúa.

Esta avaliación estamos traballando co libro do Arco da lúa, unha historia na que sete animais non estaban contentos con como eran e piden desexos ao arco da vella para cambiar, pero ao final, ese desexo non era o que querían de verdade... Premendo na imaxe podedes ver o conto enteiro cos peques, e así recodar as historias que traballaremos na clase.


Gael estivo de aniversario!!

Hoxe celebramos o aniversario de Gael, pasámolo moi ben: comemos tarta de chocolate e galleta e zume de piña, bailamos cancións de mamá cabra, xogamos a un par de xogos na clase e cantámoslle a canción do aniversario!!. Foi moi divertido!! Moitas felicidades Gael!!